Comezamos un novo ano de traballo. A verdade é que nunca o deixamos, e estas datas, con algún que outro atranco, a vida asociativa de Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro seguiu o seu camiño. Durante estes meses, realizamos unha serie de xuntanzas cos grupos municipais para expoñerlles a situación do Milladoiro e saber de primeira man a intención dos grupos políticos presentes no Concello.
Para falar disto e do traballo que imos acometer dende a asociación, convocamos a tódalas veciñas e veciños do Milladoiro a unha asemblea informativa que vai ter lugar o vindeiro venres, 23 de novembro, ás 20.00 h na Casa da Cultura do Milladoiro. É importante contar coa vosa asistencia. Unha asociación ten que repousar sobre o compromiso e participación das xentes que aquí vivimos.
Por outra banda, infórmovos que Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro está a vender lotería do Nadal. O prezo é de 5 €, xogando 4 € ao número, e 1 € para o sorteo dunha boa cesta de Nadal.
Estes días estaremos polas rúas do Milladoiro informándovos da celebración da asemblea informativa e recollendo tamén as suxestións que nos queirades realizar.
Esperámosvos o venres 23, ás 20.00 h na Casa da Cultura. Porque imos falar do Milladoiro, que ti esteas é importante.

2 comentarios:
Vexo que está so o Psoe no goberno local e dixo, que milladoiro cambia, polo que se ve nin muda segue a ser o de sempre, ata se ve nas luces de Nadal, para os de milladoiro as de sempre e Bertamirans as Cambian. Este alcalde o unico que espera e que os constructores fagan o que o Concello ten que facer, e o que ten que facer o Concello e dar un aspecto digno a Milladoiro, vale Sr Alcalde,
Primeiro, darche as grazas pola túa participación. Non sei, eu son da opinión de que temos que deixar ese localismo ao que somos tan afeccionados. Non entendo como somos tan facilmente solidarios coas desgrazas que acontecen no mundo, pero “encabronamonos” co que acontece en “Vilatripas de Abaixo”, ao ser nós de “Vilatripas de Arriba.” Eu alégrome que aos nosos veciños e veciñas de Bertamiráns lles vaian ben as cousas; pero o que quero, e supoño que queremos todas e todos, é que ao Milladoiro tamén lle vaian ben. Acontece que nós partimos de peor situación por iso que tan acertadamente dis que aquí foron os construtores os que fixeron este núcleo; pero o que pedimos non son esmolas, non son caprichos de novos ricos... son SERVIZOS, son NECESIDADES. E téñense que atender agora, porque aínda que tarde, é o momento, pois isto vai seguir medrando, e como non fagamos nada, o único camiño que lle queda ao Milladoiro é dexenerar. E iso é un luxo que os veciños e veciñas do Milladoiro non nos podemos permitir.
Publicar un comentario