jueves, 13 de diciembre de 2007

Suma e segue.

Canto cabe na palabra veciño? Á concentración non só asistiron as persoas que aquí vivimos a amosar o seu apoio e cariño á familia de Irene Fernández Fernández, senón que tamén contamos co apoio do Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago que estiveron con nós e entregáronnos dous documentos que queremos reproducir aquí:

Os representantes veciñais do Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago de Compostela.

Manifestamos:

O apoio á concentración que convoca a Asociación Veciñal Seidón do Milladoiro para que o desgraciado accidente mortal non quede no esquecemento e se busquen solución ao problema de tráfico, para que feitos como este non volvan a ocorrer.

Queremos amosar a nosa solidariedade coa familia de Irene; así como, amosar a nosa dor, xa que ao igual que eles temos fillos e podemos imaxinar o que esta falta supón para a familia.

Asinado: Agustín Pena; Juan Álvarez; Teresa Barral; Xosé Martínez; José Mª Juncal e Marcial Prado.

E este é o seguinte documento:

As asociacións veciñais de Santiago de Compostela que asinamos máis abaixo, reunidos en asemblea veciñal o día 11 de decembro, así como os representantes do Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago,

Manifestamos:

1.- A nosa solidariedade e apoio á familia da pequena Irene, víctima inocente do desgraciado accidente acontecido no Milladoiro.

2.- O apoio ás concentracións que a Asociación Veciñal Seidón do Milladoiro, organizará a partir de hoxe mércores, ata conseguir o compromiso do Ministerio de Fomento e as institucións municipais para que esta estrada nacional se desvíe en circunvalación e o tramo actual pase a ser unha rúa máis do casco urbano do Milladoiro.

3.- Facer un chamamento á veciñanza de Ames, Teo e Santiago para asistir a estas concentracións e entre todos facer máis forza.

¡¡¡TODOS E TODAS POR UN MILLADOIRO DIGNO PARA VIVIR E SER VIVIDO!!

Asinantes, as asociacións veciñais:

A Xunlla de Laraño; Zezar; Francisco Gª Beiro de Marrozos; San Xoán de Fecha; O Pasadoiro do Carballal; Polígono de Vite; A Xuntanza do Barrio de San Pedro; Coto de Nai de Aríns; Camiño de Santiago de Bando; As Brañas de Andrés dos Pelamios e Vista Alegre; Alexandre Bóveda de Guadalupe; Río Sarela da Peregrina; Ponte Sionlla de Enfesta; O Castiñeiriño; As Cancelas; Francisco Asorey da Almáciga; Rego das Pedras de Marantes; Domingo Cepeda do Eixo; Federación do Rural de Santiago (Ferusa) e os representantes do Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago de Compostela.
A todas estas organizacións, por abrir a palabra veciño/a máis alá da fronteira do barrio onde vivimos: ¡GRAZAS!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passada lá no meu site, que é sobre o CresceNet, espero que goste. O endereço dele é http://www.provedorcrescenet.com . Um abraço.

Anónimo dijo...

¿quería saber como veciño cando imos retomar as concentracions pola morte da nena Irene Fernandez,xa como vos mesmo dixestes que polo nadal deixabase en stanbay,e agora qué ?.¿cando mandades as circulares o pobo pra sair a rúa ?,logo quisera deciros que pusestes unhas follas pra recoller firmas pra mandarllas a fomento pero onde está esa informacion eu no voso blog non a vexo por ningures,que está a pasar "pasa o día e pasa a romeria" non me gustaría que paxase eso por eso escribo esto.espero resposta por parte de SEIDÓN

Anónimo dijo...

En primer lugar quiero dar mi apoyo a la familia de la niña atropellada en Milladoiro y a todos mis vecinos.
Como sabemos el tráfico por la travesía es insoportable, pero también por el resto de las calles. Coches sobre las aceras, pasos de peatones, en todas las esquinas, siendo siempre los mismos insensatos.
A mi me gustaría saber por qué el Alcalde no contrata de una vez una grúa para retirar todos estes coches y por qué no tramita las denuncias de tráfico y que paguen los infractores. Tengo una minusvalia y coches en zona de minusválidos, la policía los denuncia, pero siguen aparcardo. Por encima el muy jeta que aparcó mal me dice cuando lo recrimino que hace lo que quiere, las denuncias no las tramita el ayuntamiento así que me j... y que va a seguir aparcando allí.
Es indignante. Tramite las denuncias de una vez Sr. Fernández.

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Servidor, I hope you enjoy. The address is http://servidor-brasil.blogspot.com. A hug.

Anónimo dijo...

CONCELLO DE OUTES AUTORIZA CONSTRUCCION DE NAVE ILEGAL EN SUELO RUSTICO

En el 2006, el alcalde de outes CARLOS ENRIQUE LOPEZ CRESPO autorizo la construccion ILEGAL de oficinas y nave de la empresa constructora OyS Noroeste en suelo rustico, no urbanizable y sin autorizacion de la Xunta de Galicia.

Esto es increible....y CRESPO sigue de alcalde....como si no pasara nada....

Para ver la noticia en mas detalle simplemente buscar en el internet -EL ALCALDE DE OUTES, IMPUTADO POR FALSEDAD DOCUMENTAL Y DELITO URBANISTICO