Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de mayo de 2007

Presentación de "Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro"

Agora que se fala tanto da gobernanza, de incrementar os procesos de participación na cidadanía para fornecer a democracia, chega a hora de que as veciñas e veciños do Milladoiro comecemos a organizarnos e humanizar este núcleo que non para de medrar, pero que o fai de costas as xentes que aquí vivimos e soñamos.

Este empeño, guía a unhas cantas veciñas e veciños a constituír Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro. Este é o instrumento co que nos queremos dotar para facer O Milladoiro que todas e todos queremos, porque entendemos que a responsabilidade de facelo non recae so nos poderes públicos, senón tamén en nós. Ese nós que queremos conxugar coa participación de todo o que se achegue, sen importar cores nin ideoloxías, para facer unha labor que non ten porque ser complementaria á das administracións, senón propia, achegada a todas e todos os que aquí habitamos e queremos seguir facéndoo nun Milladoiro distinto.

Para este empeño estades todas e todos invitados á presentación que se vai realizar o vindeiro martes 8 de maio, ás 20.00 h na Casa da Cultura.

Gustaríanos que pasarades por alí, non só para que nos coñezas, senón tamén para darte a coñecer e escoitar todo o que queiras contar e facer. Porque iso e unha asociación: unha xuntanza de xentes dispostas a facer algo polo ben común.

Esperámosvos. Unha aperta.