Non hai moito, unha amiga miña me comentaba, non sen certa ironía, que as eleccións non tiñan que ser cada catro anos como son habitualmente, senón que ela avogaba porque foran cada dous. Dicía que así, esa febre arranxadora que escolta estes períodos electorais tería picos máis continuados e o cambio que sempre pides no teu concello faríase máis o menos cotián. Seguramente, non lle falta razón. Tódolos períodos electorais enchen o aire de proxectos e promesas para tódolos gustos, tendo a impresión de que nese intre cada un dos grupos políticos que se presentan teñen tódalas solucións aos problemas do territorio e que isto só é cuestión de tempo… As eleccións son así. Ningún partido escapa da tentación de ilusionarnos, de facernos cómplices dese concello que queren construír e que esta aí, á volta da esquina.
Aínda así, pese a que somos máis os que nos ilusionamos, cada elección conta cunha porcentaxe cada vez maior de abstencionismo. De seguro que esta situación explicase por un montón de factores, algúns persoais e outros achacables ao facer da propia clase política. O certo é que a fortaleza e saúde do sistema democrático asoma nestas citas, polo que dende Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro queremos facer un chamamento a toda a poboación para que participe nesta cita electoral na que está en xogo o futuro do noso Concello.
Queremos afondar este chamamento. Habitualmente, votamos e delegamos esa representación que ostentamos nos grupos políticos elixidos. Son eles, durante catro anos, os que impulsan e xestionan o desenvolvemento do noso Concello. Nós queremos ir máis alá. Desexamos que se dea esa forte participación na cita electoral; pero que esta non se quede aí. Os veciños e veciñas do Milladoiro somos responsables do noso futuro, e coa participación de todas e todos é como imos conxugalo. Por esa razón, invitámosche a que nos coñezas, a que opines e a que fagas.
Sairemos ás rúas para darnos e darte a coñecer. A forza do Milladoiro é o traballo polo ben común das persoas que aquí vivimos.

1 comentario:
Estou dacordo con vos. Xogámonos demasiado nestas municipais como para que o domingo os veciños do Milladoiro quedemos na casa. Se queremos un Milaldoiro onde no so medre o ladrillo o domingo temos unha cita cas urnas.
Publicar un comentario