Despois de tantos meses de campaña, unha vez pasados ese quince días oficiais que pechan ciclos cada vez máis longos, un/ha queda coa mesma sensación que si tivera unha desas resacas antolóxicas. Pensa, igual que cando un se esperta cos sensos adormecidos tras unha noite de xolda, que nesta última festa excedeuse coas sobredoses e lingotazos de política. Así que mirando a caixa tonta ou as páxinas do xornal que resumen esa cita, xura que nunca máis, que hai que beber amodo e sabendo o que se bebe, porque se non a vindeira resaca pode ser peor, moito peor. Ao momento decátase de que non sabe se vai ser quen de poder facelo. Lémbrase que dentro de nove meses estarán aí as xerais, e cos case catro anos de intensa campaña que levamos, vai ser festa rachada… Vamos, o peor para a nosa resaca.
Imaxino que a clase política, que é a que vive todo isto con maior intensidade, atopará no día 27 o mesmo que atopábamos todos/as cando remataban os exames e o único que faltaba era saber cántas iamos aprobar ou suspender, e no caso de aprobar… cál sería a nota. O bo destas citas, aparte da participación, e ver a valoracións que fan os distintos grupos políticos. É a noite en que ninguén perde, pese a que os resultados sexan dispares, e seguramente para algúns non sexan os esperados; pero a tradición manda!
Pero como sabedes, tralas eleccións, a composición do concello queda como segue:
PSdeG-PSOE
1.- Carlos Antonio Fernández CastroImaxino que a clase política, que é a que vive todo isto con maior intensidade, atopará no día 27 o mesmo que atopábamos todos/as cando remataban os exames e o único que faltaba era saber cántas iamos aprobar ou suspender, e no caso de aprobar… cál sería a nota. O bo destas citas, aparte da participación, e ver a valoracións que fan os distintos grupos políticos. É a noite en que ninguén perde, pese a que os resultados sexan dispares, e seguramente para algúns non sexan os esperados; pero a tradición manda!
Pero como sabedes, tralas eleccións, a composición do concello queda como segue:
PSdeG-PSOE
2.- José Varela Abeledo
3.- Isabel Pereiro Vila
4.- Francisco Villaverde Marcos
5.- Úrsula Seijas Seoane
6.- Gustavo Enrique Nieto Santiago
7.- Isabel González Cancela
8.- Santos Lorenzo Lorenzo
9.- Patricia Conde Lois
Partido Popular
1.- Santiago Vicente Amor Barreiro
2.- María Dolores Fernández Álvarez
3.- Ramón García Argibay
4.- Yolanda Vázquez Bugarín
5.- José Pérez Bello
6.- Bernardo Moar Míguez
7.- Alfonso Rey López
Bloque Nacionalista Galego
1.- Xosé Manuel Fernández López
2.- Mercedes Vidal Baamonde
3.- David Santomil Mosquera
4.- Vítor Vicente Díaz
5.- Olalla Alvite del Río
Son todas estas xentes coas que imos a negociar durante os vindeiros catro anos, ás que lles teremos que lembrar todas as promesas feitas, e todas as necesidades que os veciños e veciñas do Milladoiro detectamos na nosa veciñanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario