jueves, 3 de mayo de 2007

Presentación de "Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro"

Agora que se fala tanto da gobernanza, de incrementar os procesos de participación na cidadanía para fornecer a democracia, chega a hora de que as veciñas e veciños do Milladoiro comecemos a organizarnos e humanizar este núcleo que non para de medrar, pero que o fai de costas as xentes que aquí vivimos e soñamos.

Este empeño, guía a unhas cantas veciñas e veciños a constituír Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro. Este é o instrumento co que nos queremos dotar para facer O Milladoiro que todas e todos queremos, porque entendemos que a responsabilidade de facelo non recae so nos poderes públicos, senón tamén en nós. Ese nós que queremos conxugar coa participación de todo o que se achegue, sen importar cores nin ideoloxías, para facer unha labor que non ten porque ser complementaria á das administracións, senón propia, achegada a todas e todos os que aquí habitamos e queremos seguir facéndoo nun Milladoiro distinto.

Para este empeño estades todas e todos invitados á presentación que se vai realizar o vindeiro martes 8 de maio, ás 20.00 h na Casa da Cultura.

Gustaríanos que pasarades por alí, non só para que nos coñezas, senón tamén para darte a coñecer e escoitar todo o que queiras contar e facer. Porque iso e unha asociación: unha xuntanza de xentes dispostas a facer algo polo ben común.

Esperámosvos. Unha aperta.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo o acto. Felicitacións!

Anónimo dijo...

ya era hora de movilizarse, la verdad es que estamos todos un poco hartos de ser los desplazados de Ames, parecemos apestados que nos colocan aquí acinados y ya está, tenemos que pensar que hemos de crear una identidad propia y que somos muchos votos, que tome nota la alcaldía.¿ Alguién puede hacer un recuento de la multiculturidad que aquí existe ? ¿ qué pasa con nuestros niños, adolescentes, mayores ?¿ en qué ciudad vamos a vivir? un saludo

Anónimo dijo...

Felicítovos pola creación desta asociación, que espero saiba aglutinar as ganas de vivir nun Milladoiro mellor , con mellores infraestructuras educativas, sobre todo do Instituto, con mellores espacios de ocio e mellores oportunidades para os xóvenes, os nenos, para todos.

Sorte nesta nova andadura

Anónimo dijo...

Felicidades pola creacion da Asociacion Veciñal SEIDON

Moi boa a politica de urbanismo DO cONCELLO no Milladoiro, cemento......so isto do resto nada, con isto os que se estan lucrando son as promotoras pero os Veciños do Milladoiro somos sardiñas en lata e Bertamirans lo no va mas. Poñamos punto e final fagamos do que queda de Milladorio iso unha PEQUENA CIDADE PARA VIVIR ONDE TEÑA UN CENTRO DE SAUDE DE OCORDO COA POPBLACION UN CENT........etc. e invertir do que sae de Milladoiro gran parte.

Josepo dijo...

Ante todo enhorabuena por deciderse a hacer algo muy necesario para poder defender los intereses de los vecinos osea los nuestros propios.
Ahora hace falta darse a conocer mediante mucha publicidad para poder ser los mas posibles y tener una gran fuerza de presion e influencia.

Anónimo dijo...

Por fin unha aa.vv. que mira polos intereses dos veciños do Milladoiro. Temos que tomar conciencia do noso peso como vila e reclamar os sevizos aos que temos dereito porque os impostos os pagamos como o resto de concello. Parabéns pola aa.vv. Gústame o nome e a idea de unir con el a historia da aldea co proxecto de futuro da vila.

Anónimo dijo...

Son unha milladoirense e felicitome e felicitovos pola nova asociación veciñal.
Tedes e temos moito traballo para facer do Milladoiro. Faltaba o instrumento que canalice o noso descontento e vos se queredes podelo ser. Ánimo e adiante.

Josepo dijo...

Desearia saber si la cuenta del banco banesto esta operativa para poder realizar los ingresos de las cuotas de los socios.

Xunta Directiva de Seidón dijo...

Hola Josepo:

Hoy mismo hemos cerrado ya el tema de la cuenta bancaria. En un próximo post se os informará de todo este tema. Un saludo y gracias por visitar nuestro blog.