Non houbo ensaio xeral; aínda que si tiñamos o nerviosismo típico destes actos. Dende que fixemos o acto de constitución, o calendario botóusenos enriba: legalizar os estatutos, arranxar toda a parte fiscal da asociación, establecer contactos coa veciñanza, etc. Queriamos que antes que comezara toda a campaña electoral fose a cidadanía, os veciños e veciñas do Milladoiro, a protagonista. En dous días percorremos as rúas do Milladoiro pegando carteis, repartindo octavillas que non tiñan outro fin que expresar o que desexabamos e citar as persoas interesadas ao acto de presentación que tivo lugar onte na Casa da Cultura do Milladoiro, ás oito dunha soleada tarde.
Calquera de nós ten detrás de si un amplo historial de participación que fai que cargues con boas doses de optimismo e pesimismo a partes iguais. Canta xente haberá?, que resposta terá esta iniciativa?, lograremos atraer a atención? A verdade é que ás oito en punto non o tiñamos moi claro: estabamos os de sempre; pero pasados eses quince minutos de cortesía, pouco a pouco foise enchendo a sala con todas as persoas que vencendo a tentación dunha tarde que pedía a gritos pasear polas rúas (actividade que no Milladoiro só podemos practicar entrando en franca competencia cos coches), optaron por acompañarnos.
Non éramos máis de sesenta ou setenta persoas; pero todas e todos os que alí estabamos sentimos que podemos ser máis, moitos máis.
Abriu o acto a presidenta de Seidón, Mª José Costoya. Indicou que a intención de crear esta asociación de veciños non era outra que dotarnos dunha ferramenta que permita trasladar as inquedanzas e reivindicacións da poboación do Milladoiro, un núcleo que medra e medra polo pulo das construtoras e pouco máis, pero sen a intervención das veciñas e veciños do Milladoiro, que ao remate son os que van vivir aquí, os que van facer O Milladoiro.
Quixemos expresar nesta primeira xuntanza, que Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro, e unha entidade aberta á participación de todo o mundo, sen importar cores nin ideoloxías, só ese ánimo de traballar polo ben común que fará do Milladoiro a comunidade que todas e todos queremos. A diferenza doutras asociacións, máis centradas pola súa tipoloxía noutras materias, entendemos unha asociación veciñal como un todo, unha ferramenta que se dedica dende ao que vemos polas rúas ao que non vemos pero son necesidades sentidas da xente. A nosa idea é que unha asociación de veciños non a leva unha directiva, aínda que a impulse, senón todas as xentes que aquí habitamos. Por iso, nese primeiro acto, solicitouse a colaboración da xente que alí estaba para crear futuros equipos de traballo que levarán as áreas onde cremos que cómpre intervir: educación, temas relacionados coa infancia, coa mocidade, temas sociais, xurídicos, culturais, de saúde, urbanismo, inmigración, e un largo etcétera que queremos acometer dende esta asociación que pretendemos que sexa aberta, transparente e eficaz. Buscamos, nunha palabra, que co traballo voluntario de todas e todos podamos facer unha comunidade unida, que loite contra a deshumanización na que pode rematar O Milladoiro por ese ánimo construtor que nos levara, en poucos anos, a ser vinte mil habitantes.
Anunciamos tamén, neste primeiro acto, o que vai ser o noso primeiro movemento. Se queremos resumir qué é O Milladoiro neste intre, non andariamos moi errados se establecemos o seguinte simil: un cancro, unha metástase de edificios que saen por todas as partes nunha fertilidade que non vai escoltada de servizos e accesos para as xentes que os van habitar. Non hai espazos públicos no Milladoiro; e o que se nos aveciña presenta a mesma carencia de espazos comunais nos que poder relacionarse, aínda que se pretenda pasar por tal unha zona puramente comercial, e polo tanto: privada. Para nós, é importante a creación destes espazos; de aí, que nos poñamos en contacto cos partidos principais que poden gobernar o Concello para que contemplen como obriga, a creación dun espazo de titularidade pública, pero xestión cidadán: o hotel de entidades. Ante a falla de recursos que ten o tecido asociativo, necesitamos un local, no que as entidades que teñamos representación no Milladoiro, é dicir: aquelas que conten con socios/as, con actividades, con programación, con voluntariado, e non aquelas que non son máis que un documento inscrito nun rexistro como se foran unha parella de feito máis, teñamos un amplo local no que poder atender de forma continuada a vida asociativa destas entidades: despachos para cada asociación, aulas, salas de reunión, etc. Este é un cambio importante. Non é un espazo público na que a programación da Administración local é a dinamizadora dese espazo, quedando as entidades sen ánimo de lucro nunha posición subordinada, senón un espazo público no que a responsabilidade e iniciativa xurde da independencia e decisión dos veciños e veciñas alí representados. Isto si é fomentar a participación; todo o demais, non deixan de ser boas palabras que procuran falar de boas intencións, pero non de feitos.
Quizais o mellor da xuntanza foi cando tomaron a palabra as veciñas e veciños que alí estaban. Tratáronse moitos temas, dende as gravísimas carencias educativas ata outras que convén resumir polo miúdo.
Os recursos educativos son e serán escasos. Os futuros equipamentos que se constrúan seguirán (incluíndo a política de barracóns que chegou para quedarse) sen atender as necesidades dunha poboación nova que se verá obrigada, como ata agora, a acudir a Santiago para resolver a educación dos seus fillos e fillas.
Tamén entrou na palestra unha das características deste concello. Ames é un concello con dúas poboacións punteiras: O Milladoiro e Bertamiráns. Mentres que o peso demográfico sitúase no Milladoiro, a impresión dos veciños e veciñas é que os investimentos diríxense a Bertamiráns. Esas dous varas de medir, incomprensibles pois os votos e o impostos concéntranse no Milladoiro, fixo que dende esta xuntanza se solicitase ao Concello os orzamentos consolidados para estudar cómo se están a facer os investimentos. Os ánimos neste tema, que entendemos xusto, están caldeados, pois incluso insinuouse a posibilidade que dado o noso peso demográfico, separarnos dun concello que entendemos que nos discrimina.
Outra intervención apuntaba a carencia de espazos públicos onde poder relacionarse e non verse na obriga de emigrar a Santiago para atopalos. Non sabemos cómo esta o ratio de habitantes x zona verde; pero dado que a iniciativa se deixou na man dos construtores, e que non fai falla máis que saír á rúa para ver esta carencia, a xuntanza considerou que esta falla impide crear o sentimento de comunidade. Para iso, unha persoa expresouno cun exemplo no que creo que caemos todos e todas cando nos preguntan ónde vivimos. A resposta habitual é que en Santiago; aínda que despois apuntes máis e digas no Milladoiro; pero este feito, ilustra mellor que ningún outro, o risco que corremos de non facer do Milladoiro un núcleo que sexa referencia para todas as persoas que nel viven.
Tamén apuntouse a carencia de servizos básicos, así como ese medre desmesurado que non ven acompañado doutras dotacións necesarias. Hoxe pola mañá, cando viña no transporte público para Santiago, todos como sardiñas, lembrei a intervención dunha muller (sinto non terme quedado co nome, porque apuntou cousas moi interesantes, pero imaxino que o traballo que acometamos entre todas e todos nos faga coñecernos mellor) que dicía que era incomprensible que o medre do Milladoiro non se faga cinguido a un medre en accesos que eviten esa Avda. de Rosalía Castro tan caótica e que non fai máis que sufrir atascos. Tamén apuntouse o tema do transporte público, deficitario nas horas puntas, pero cunha política que non podemos máis que cualificar de asombrosa respecto ás normas que impón as persoas. Non sei se sabedes un feito sangrante: Un nai ou un pai co seu fillo, se quere tomar ese transporte público, ten que facer verdadeiras filigranas co carriño do bebé. En principio, non pode subir co carriño aberto ao bus, senón que ten que encartalo, coller ao seu rapaz ou rapaza co brazo que lle quede libre e subir a ese martirio que lle espera durante toda a viaxe. Un feito que só acontece nos Autobuses de Calo, sen que saibamos cómo se lle pode dar unha concesión administrativa como esta a un empresa que ten este comportamento.
En resumo, que a representación de xentes que alí estabamos, tiñamos moi claro (supoño que como os que non estaban, pero estarán) cál é O Milladoiro que queremos. Para iso, Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro, sairá ás rúas para darse a coñecer e afiliar a novas persoas que queiran unirse a este movemento que vai buscar coa participación e reivindicación O Milladoiro que nos merecemos. Afiliarse é doado: Ter ganas de traballar, dentro da dispoñibilidade de cada persoa, polo Milladoiro, pagar unha cota de afiliación de 10 € anuais (estudaremos rebaixalo a metade para as persoas maiores) e crer que na unión de todas e todos reside a forza que vai mudar O Milladoiro.
Anímate! En todo caso, aquí tes este espazo para deixar a túa opinión; senón tamén tes o noso correo electrónico: asociacion.milladoiro@gmail.com

1 comentario:
Parabéns pola vosa iniciativa. Por fin un grupo de veciños amosa o seu interese polo que sucede neste Milladoiro que está feito de costas aos seus moradores. Estiven na presentación e vin veciños interesados porque o que se votaba en falla era unha canle que canalizara o descontento e que canalizara tamén as inquedanzas de todos aqueles que queremos vivir nu Milladoiro mellor. Parabéns.
Publicar un comentario